CONTEXTO FALSO
A información publicada non corresponde coa imaxe, incluso pode non corresponder coa data.Un exemplo ocorreu nos últimos días, xa que alguén publicou a imaxe dun peixe cheo de pellets dicindo que é de agora e en Galicia pero é do 2021 e ocorreu en Groenlandia.
CONTIDO MALIPULADO
Consiste en editar unha foto ou un vídeo para influír ou enganar ao lector.
Esta imaxe intenta que o lector crea que Cristiano Ronaldo escribiu unha frase na súa camiseta a favor dunha teoría conspiroica. Evidentemente é falsa.
CONTIDO FABRICADO
Información falsa creada dende cero que intenta semellar auténtica e ten o fin de enganar ao lector.
Aquí temos un exemplo, xa que Penélope Cruz xamais dixo nada parecido e estas declaracións foron creadas co fin de gañar cartos enganando á xente.
CONTIDO IMPOSTOR
Este tipo é moi común nas redes sociais, xa que consiste en facerse pasar por outra persoa.
Neste caso, unha persoa faise pasar por Sergio Ramos co fin de ridiculizalo.
CONEXIÓN FALSA
Consiste en facer un vídeo ou unha noticia na que o título non corresponda co contido.
Neste caso, o titular nombra a 2 personas moi coñecidas para xerar 'clicks', pero dentro da noticia non se fala nada deles.
CONFUSIÓN POR SÁTIRA
Unha noticia irónica pasa como real.
CONTIDO ENGANOSO
Intenta enganar (e moitas veces o consegue) malipulando feitos, imaxes ou datos. Adoita incluir estadísticas sacadas de contexto, titulares sensacionalistas e así cambiar na percepción da realidade do lector.
Este é un exemplo bastante claro, xa que se usa un documento falso para enganar.
Comentarios
Publicar un comentario