ATRAPADOS NAS REDES


A día de hoxe, a xente e especialmente os adolescentes están (estamos) completamente adictos ás redes sociais. Necesitamos telo todo ao segundo e as redes sociais proporciónanos iso, información ao segundo sobre temas e persoas que nos interesan. A xente xoven está deixando de ver documentais e agora ven videos de como moito 10 minutos e cando van a facer algo apaixonante, antepoñen facer a mellor foto ou grabar o mellor vídeo a pasalo o mellor posible. As redes, aos coñecernos tanto, só nos ensinan o que máis nos importa, o que as fai moito máis adictivas. Outro motivo polo que son máis adictivas as redes é porque os contidos que vemos nelas son moi cortos (fotos, videos curtísimos, gifs...).

O que faría se teño un fillo adicto as redes sociais sería, en primer lugar, ir a terapia para que profesionais nos axuden. Faría actividades con el para saír de casa como dar un paseo, xogar ao bádminton, ir en bici ou ir a miña aldea onde a cobertura é excasa. 



Comentarios