Antes de argumentar, é necesario explicar de forma breve que é a tecnoloxía 5G. O 5G é a 5ª xeración de red móbil. Diferénciase do 4G en que é bastante máis rápido e fiable. Os beneficios son numerosos, pero os riscos non se quedan atrás.
Por un lado, é beneficioso porque se poderá ter unha mellor comunicación en aviones e se reducirá o tempo das latencias, que beneficiará en gran medida aos coches eléctricos. Estas vantaxes son positivas, pero non cambiaran o noso día a día. As vantaxes que si que nos influirán máis son, por exemplo, algúns accesorios (wearables) poderán proporcionar aos médicos datos moi relevantes e poderán seguir a tempo real o caso, o que servirá para detectar antes as enfermidades.
Pola contra, hay varias desvantaxes, as dúas máis importantes son que isto non saerá gratis nin barato, xa que moitos dispositivos quedarán desactualizados e terán que ser cambiados e, ademais as operadoras terán que colocar máis antenas xa que o 5G ten un radio de cobertura menor.
Tendo en conta as vantaxes e as desvantaxes, eu creo que é algo positivo, xa que mellorará a nosa vida e, ademais os beneficios superan por bastante ás desvantaxes.
https://aws.amazon.com/es/what-is/5g/
https://es.weforum.org/agenda/2019/08/que-es-la-5g-y-que-beneficios-traera-al-mundo/
https://www.uao.edu.co/ingenieria/ventajas-desventajas-y-mitos-de-la-tecnologia-5g/
Comentarios
Publicar un comentario